In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quinta-feira, 25 de maio de 2017

Club interxeracional


 O pasado xoves 18 de maio tivo lugar na nosa Biblioteca a última xuntanza do Club de lectura interxeracional. O libro de lectura compartida foi Historia de un perro llamado leal de Luis Sepúlveda, unha fábula sobre a amizade ambientada no contexto da sociedade mapuche e a súa loita contra os opresores que pretenden quitarlles as súas terras.
Club de lectura interxeracional on PhotoPeach

segunda-feira, 22 de maio de 2017

Atlas literario



Xa tes na Biblioteca unha novedosa forma de chegar a Xeografía a partir dun libro: Trazado
Trátase de mapas literarios que se inspiran en obras clásicas ofrecendo así unha nova maneira de ver as cartografías das nosas novelas favoritas. Desde camiñar con Hamlet por Elsinor, viaxar con Ulises polo Mediterráneo despois de arrasar Troia ou navegar polo río Mississipi da mán de Huckleberry Finn. 
Unha obra para curiosos e con ganas de soñar.




Trazado: Un atlas literario from Editorial Impedimenta on Vimeo.

domingo, 21 de maio de 2017

`Chea de vida´


Mil nenas e menos cantan a coro con Guadi Galego e Guille Fernández a sea canción `Chea de vida´para celebrar o Día das Letras Galegas 2017


sexta-feira, 12 de maio de 2017

Semana do Libro.

Con bastante retraso publicamos as nosas actividades pola Semana do Libro.
 
Realizamos exposicións de viñetas relacionadas co libro, viñetas divertidas e reflexivas. Ademais montamos dous stands temáticos: un sobre "Libros que falan de libros" e outro de "Pelis baseadas en libros".

 Organizamos un mercadiño de troco, o noso I Mercadiño de Troco de Libros.
 Tivemos un obradoiro sobre "Ler e contar", impartido polo actor e dramaturgo Anxo Manoel Lamelo Fernández, con moito éxito entre o alumnado de 2º da ESO, que foi quen puido disfrutar do mesmo.
 E por último, levámonos ao axudantes de biblioteca de visita á Libraría Tótem, libraría especializada en cómics e material relacionado, onde disfrutaron coma ananos e aproveitaron para facer "desideratas" para o vindeiro curso.
Como vedes, toda unha semana grande de celebración!
 

sexta-feira, 5 de maio de 2017

Campaña Eles Ensínanche


Descrición
O obxectivo da campaña é conseguir unha maior concienciación de seguridade e privacidade na internet entre o alumnado dos centros docentes.
Organizan
Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e Google. Colaboran a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), o Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) e a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA).
Participantes
O concurso está dirixido estudantes de ESO ou do primeiro curso de FP básica de todo o territorio nacional.
Temática
Coa colaboración dalgún/algunha docente, o alumnado deberá realizar un traballo creativo e práctico para explicar ás familias como navegar de forma segura na internet.
Premio
Tanto o alumnado creador dos mellores traballos como os seus profesores e o centro docente recibirán un premio.
  • As persoas participantes mellor valoradas recibirán unha Tablet Pixel C e os centros docentes dos tres traballos con maior puntuación recibirán entre 15 e 5 Chromebooks.
  • Para os/as profesores/as tamén haberá un premio especial.
Prazo
Ata o 16 de xuño de 2017.

Máis información: aquí


quinta-feira, 4 de maio de 2017

Certame A liga da Igualdade


Descrición
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) organiza o Certame A liga da Igualdade, dirixido á poboación infantil e xuvenil de entre 6 e 20 anos de toda España.
Obxectivo
Fomentar unha repartición equilibrada de tarefas entre mulleres e homes, así como no uso do tempo, promovendo a compatibilización entre a vida persoal, familiar e laboral.
Prazo
A data límite será o 3 de xuño de 2017 ás 14:00 horas.
Participantes
O certame está aberto a todas aquelas persoas (de forma individual ou a través de grupos ou centros escolares) con idades comprendidas entre 6 e 20 anos, residentes en España e que cumpran cos requisitos establecidos en cada categoría de participación.
Modalidades
Poderase participar en todas ou nalgunha das tres modalidades do certame:
  • Fotografía: cada participante poderá presentar cantas fotografías desexe. As fotografías presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As e os mozos de entre 13 e 20 anos participarán na categoría xuvenil.
As fotografías serán inéditas e orixinais e han de reflectir a igualdade e o traballo en equipo dentro da familia.
  • Deseño de camisetas: cada participante poderá presentar cuantos deseños de camisetas desexe. Os deseños presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os deseños serán inéditos e orixinais e deberán incluír un slogan sobre a igualdade e a corresponsabilidade.
  • Vídeos: cada participante poderá presentar cuantos vídeos desexe. Os vídeos presentaranse de forma individual ou en grupos (máximo 3 membros) por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os vídeos serán inéditos e orixinais e consistirán nunha curtametraxe sobre a igualdade e a corresponsabilidade. Non se establece unha duración determinada.
Premios
Cada un dos autores ou autoras das obras gañadoras recibirá os seguintes premios (non canxeables por outro obxecto ou diñeiro en metálico):
  • Fotografía: iPad mini. Wi-Fi. 32GB
  • Deseño de camisetas: seis (6) camisetas serigrafiadas co deseño/logo gañador.
  • Vídeo: Videocámara Outdoor - GoPro Hero. 8 megapíxeles (unha videocámara para cada integrante do equipo ata un máximo de 3).
Bases: aquí.



quarta-feira, 3 de maio de 2017

A boca do monte


A boca do monte é unha novela de Celia Díaz Núñez que xa podes atopar na biblioteca, na nosa sección de novidades.
A autora dinos que hai xestas que parecen imposibles de facer. E hai épocas pensadas para ese tipo de momemtos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construcción dun tunel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia, sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade.
Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamén, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

terça-feira, 2 de maio de 2017

Certame Literario

XXIV CERTAME LITERARIO DE POESÍA E NARRACIÓN BREVE, CAMBRE 2017

Participantes
Poderá participar neste certame mocidade de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
  • CATEGORIA A: de 12 a 14 anos
  • CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
  • CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
Modalidades
Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Premios
Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:
  • CATEGORIA A: 1º Premio: 173,00 euros 2º Premio: 128,00 euros
  • CATEGORIA B: 1º Premio: 218,00 euros 2º Premio: 150,00 euros
  • CATEGORIA C: 1º Premio: 300,00 euros 2º Premio: 173,00 euros
Prazo
A data límite de entrega de traballos será o día 10 de maio de 2017.
Xurado
A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón de Actos do IES David Buján, o día 16 de xuño de 2017 ás 12:30 h.
Máis información aquí

quinta-feira, 27 de abril de 2017

Concurso de relatos Inspiraciencia

VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia
Aberta a convocatoria da sexta edición de Inspiraciencia, concurso de relatos de inspiración científica, que organiza o “Consejo Superior de Investigaciones Científicas” co  patrocinio da “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología”. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativa, un espazo aberto a todos onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción.
O concurso ten dúas categorías, adulto (maior de 18 anos) e xoven (de 12 a 17 anos), e ten o galego como lingua de participación, ademais do catalán, castelán e eusquera. Os relatos (máx. 800 palabras) deben ser orixinais, de temática libre co único requisito de estar inspirados en algún aspecto científico. Preténdese favorecer a creatividade e a interdisciplinariedade entre ciencias e letras na formación dos mozos e mozas.
Prazo: ata o 17 de maio
Máis información: aquí