quinta-feira, 19 de outubro de 2017

Concursos polo Día da Biblioteca.

O vindeiro martes, no recreo, e co gallo do Día da Biblioteca imos celebrar o noso II Concurso de Escritura Rápida
Só tedes que vir á Biblio a puntarvos co voso nome e seudónimo a usar como firma do voso texto antes dese día e o mesmo día 24, no recreo, vir pola Biblio. Alí darémosvos un sobre no que atoparedes un folio cunha frase escrita, frase que servirá para dar comezo ó voso texto. Dende aí, e nun tempo moi curto, deixaredes voar a vosa imaxinación.
Os dous textos premiados en cada categoría (Bacharelato e ESO) recibirán un vale de 15€ para gastar nunha libraría cercana e outros pequenos agasallos.




Tamén queremos dar publicidade e animarvos a participar na campaña que o Obervatorio de la Lectura y el Libro puxo tamén en marcha con motivo desta conmemoración: soamente tedes que enviar entre o 17 e o 24 de outubro á conta de Twitter ou en Instagram (@observalibro) coa etiqueta #Estoyenlabiblio, fotos tomadas nalgunha biblioteca (aproveitade a nosa!). Poderán ser imaxes tanto vosas a modo de selfie, coma feitas por outro ou doutras persoas. Non esquezades incluír na mensaxe o nome da biblioteca e a localidade onde se atopa.  Entre todas as fotos que recibidas, o Observatorio de la Lectura y el Libro elixirá as 10 que máis lle gusten e sortearán 3 lotes de libros.

Animádevos a participar!

Sem comentários:

Concurso `Suprime o control´

`Metamorfose´ é unha curtametraxe baseada no microrrelato gañador do  concurso Suprime  o Control da Deputación da Coruña, escrito por ...